Ir o contido
  • +34 881 979 963
  • info@luneda.gal
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda
Menu
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda

‘Perfect Match!’, o novo disco de David Regueiro.

  • otero otero
  • Martes 14 de Febreiro de 2023
  • sen comentarios
  • Catálogo
David Regueiro

O álbum conta coa colaboración do belga Alexandre Cavaliere, un dos violinistas de manouche máis prestixiosos a nivel internacional.

O guitarrista de gipsy jazz David Regueiro publicará o seu novo disco o vindeiro venres 24 de febreiro. ‘Perfect Match!’ é, ademais do título do álbum de estudio do trío liderado polo guitarrista ourensán, o resultado da colaboración xurdida entre o propio Regueiro e o recoñecido violinista belga Alexandre Cavaliere, unha das figuras máis relevantes, a nivel internacional, do jazz manouche. O álbum, gravado en agosto de 2022, poderase escoitar a partir da semana que vén nas principais plataformas dixitais.

David Regueiro é un dos intérpretes e compositores con maior proxección a nivel ibérico da escena do gipsy jazz, tamén coñecido como jazz manouche, o estilo que agromou da guitarra de Django Reinhardt e no que Regueiro desenvolve a súa voz propia ao incorporar influencias do swing americano ou do be-pop. Máis dunha ducia de traballos discográficos entre proxectos propios (‘Areal’, ‘O Camiño’) e colaboracións, numerosas participacións en festivais de toda Europa ou mesmo a organización das jam session mensuais de swing e jazz na Casa das Crechas compostelá dan boa conta da prolífica traxectoria do músico galego.

David Regueiro lidera un trío no que se acompaña de de Juyma Estévez no contrabaixo e de Gonçalo Mendoça á guitarra rítmica. Nesta ocasión, a formación transfórmase nun cuarteto para acoller a un dos máis virtuosos violinistas do mundo deste estilo, o belga Alexandre Cavaliere, con quen Regueiro compartiu escenario na última edición do festival Jazz de Ría celebrada na Costa Ártabra.

Deste ‘Perfect Match!’ xa se coñecen tres avances (‘Tone it down, turn it up’, ‘Elsa’ e ‘Octopus Blues’), que contan con videos gravados no estudio de Diego Bea Besada. Coincidindo co lanzamento do disco, o venres 24 estrearase en Youtube a peza audiovisual que acompaña o tema inédito ‘The Seagull and the Frog’. Para máis información sobre David Regueiro e a súa discografía pódese visitar a súa páxina web oficial, www.davidregueiro.gal.

gostaches desta nova?
 5/5

partillar

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

vindeiras datas

non se atoparon
PrevanteriorNace Nave de Lata, unha cooperativa cultural para a promoción da música galega
seguinte‘Unha noite no interior dunha faísca’, o novo disco de Ruxe Ruxe, chega este venres 17 de marzoNext

visita a súa páxina

David Regueiro
David Regueiro
contratación en exclusiva
gypsy jazz

David Regueiro, un dos mellores guitarristas de gypsy jazz e swing do Estado.

precisas máis info?
cóntanos
Instagram Facebook-f Youtube Spotify
  • política de privacidade
  • termos e condicións
Menu
  • política de privacidade
  • termos e condicións
  • info@luneda.gal
  • +34 881 979 963
Navedelata_logo_coop_negat_blan