• Otero

Jazz de Ría | programa completo


Onte presentouse a bordo da lancha a edición 2018 do festival Jazz de Ría, que se desenvolverá entre Ferrol e Mugardos do 16 ao 19 de Agosto. Na rolda de prensa, na que participaron Suso Basterrechea, concelleiro de cultura de Ferrol, Lola González, concelleira de cultura de Mugardos e Aitana Cuétara, directora do festival, destacouse non só a altísima calidade artística das propostas, se non tamén o valor turístico e patrimonial deste festival. +info: http://bit.ly/2tG7opO e fb @jazzderia PROGRAMA COMPLETO 👇 ⚓ do LUNS 13 ao XOVES 16 📍CC Torrente Ballester e Baluarte, Ferrol Obradoiro: "Jazz e improvisación para grandes voces pequenas", dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos. Impartido por Mapi Quintana e Maite Heres (Asturias). - 👩‍🎤 máis info pronto - ⚓ VENRES 17

📍de pasarrúas polos portos de Ferrol e Mugardos e na #lancha ⌚ 20h30 Low Bay Hot Band (Galiza) 📍 Cantón de Cora, Mugardos ⌚ 22h00 Simón García Quartet - Bassically (Galiza) Raynald Colom, Miguel Lamas & Jorge Vera Trío (Francia / Galiza / Chile) ⚓ SÁBADO 18 📍 Praza Vella, Ferrol ⌚13h30 Madrid Hot Jazz Band + obradoiro aberto de lindy hop con Swing On Vigo ⌚ 22h00 Tina Raymond Trio (USA) Puerta Sur (Galiza / Catalunya)

⚓ DOMINGO 19

📍 Cantón de Cora, Mugardos

⌚13h30

Eva Fernández (Catalunya) 📍 Castelo de San Felipe, Ferrol

⌚ 21h00

Abe Rábade Trío (Galiza)



0 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal