• Otero

RUXE RUXE únese a Luneda


Neste 2019 que está por chegar, colaboraremos con Lobicán Records para o booking de RUXE RUXE, unha das bandas máis sólidas do país.

Sempre fuxindo das modas, do comercial do momento, do políticamente correcto e das zonas de confort para adentrarse acotío polos camiños das emocións, da coherencia persoal, das liberdades humanas e sociais e do orgullo cultural e lingüístico, RUXE RUXE ocupan dende fai tempo un dos lugares de honra da música galega ao abeiro dunha historia musical e discográfica de calidade, de enerxía e de enxebrismo punk-rock con moitas pingas de folk.


#RUXERUXE #rockdopaís #rockgalego

0 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal