• Otero

Chicuelo & Marco Mezquida o vindeiro 25 de Xaneiro no Teatro Jofre de Ferrol



Gañador dun premio Goya, brillante como solista ou como socio de Poveda e Duquende, un elixido: o flamenco deu poucos compositores e guitarristas tan sólidos e influíntes como Juan Gómez, Chicuelo. Marco Mezquida: músico total, rotundo, creador dun pianismo único, que se enriquece na diversidade, que non parou de sorprender desde a súa irrupción na escena europea. Agora, xirando tamén a dúo xunto a Silvia Pérez Cruz, enche e emociona teatros de toda Europa. Cruce de camiños de dúas personalidades artísticas tan nítidas como dúctiles. Unha intersección marcada pola autenticidade, a admiración mutua e a entrega absoluta á música. Marco Mezquida e Chicuelo atópanse, non se preguntan de onde veñen. Dous que sonan, que respiran nun idioma chamado arte, conversan e conversan desde teclas e cordas. Falan música na lingua do ‘Mare Nostrum‘. Cóntannos a música que pinta un porto, música que é como a auga: axítase, mistúrase e, así, a auga é todos os mares. Así as músicas navegan, converxen. Así sonan Marco Mezquida e Chicuelo. O seu primeiro disco, o laureado Conexión, levounos a actuar nunha extensísima e prestixiosa xira por Europa e América. Juan Gómez ‘Chicuelo’ · guitarra flamenca Marco Mezquida · piano Paco de Mode · percusión

#chicuelomezquida

0 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal