• Otero

David Regueiro, un dos mellores guitarristas de gypsy jazz do estado, adianta novo single.




O novo disco de David Regueiro Trío, que verá a luz a principios de 2020, levará por título "Areal" e estará composto íntegramente por temas propios.


O tema "Samoreau Jam", que abrirá o disco, está inspirado nas jam sessions do prestixioso Festival Django Reinhardt de París, nas que David participou este pasado verán.

Cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado.


A súa música está ubicada no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, pero influenciada tamén polo swing americano e o be-bop. No trío acompáñase do tamén guitarrista Iago Reigosa e do contrabaixista Juyma Estévez.


11 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal