Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal
  • Otero

Éxito de Gaizca Project na Fira Mediterrània de Manresa.


Estamos xa de volta na casa despois doutra edición marabillosa da Fira Mediterrània Manresa, pero aínda co corazón en Catalunya, un país que nos quere e nos acolle como propias cada vez que vamos.


Houbo moita actividade no noso stand da llotja profesional para coñecer as nosas artistas: Os d'Abaixo, Ruxe Ruxe, Davide Salvado, FAIA, Puerta Sur, David Regueiro Trío, Coro Encaixe e, por suposto, Gaizca Project, que ofreceron o concerto inaugural.





A carpa da Taverna Cervesa Guineu ateigouse, tanto de profesionáis como de público xeral, para coñecer este proxecto que une as músicas populares de Galiza, Euskal Herria e Catalunya, a través das pandeiretas e as voces de Ialma, a trikitixa e a txalaparta de Iñaki Plaza e a gralla e a tenora de Manu Sabaté. Vimos ademáis outras propostas que nos encantaron e coas que agardamos poder traballar nalgún momento, como a de San Salvador ou a de Arnau Obiols.