• Otero

Rematou un Jazz de Ría 2019 forte e consolidado.



O venres 16, o sábado 17 e o domingo 18, o jazz volveu encher a nosa ría. Un programa coidado con cinco propostazas musicais que deixarán pegada.



Este ano tivemos un novo escenario e, a experiencia foi tan boa, que de seguro quedará consolidado como un dos espazos do festival. David Regueiro foi o encargado de inaugurar o Campo do Río, no Seixo (Mugardos), coa súa proposta de gipsy jazz.



Ademáis, por suposto, tamén estivemos na Praza Vella de Ferrol co Xacobe Martínez Antelo trío na sesión vermú do domingo e con Marcos Teira Quinteto NÓs pechando esa noite o Festival, así como no Cantón de Cora de Mugardos con Manuel Gutiérrez Trío, que abriron esta edición.


Ademáis, por inclemencias meteorolóxicas, tuvemos que trasladar a Noite do sábado Carlos Sarduy co seu Afrocuban Jazz Quartet ao Teatro Jofre, obtendo unha resposta abrumadora do público, que encheu o teatro para velos.




A falta de tempo e algunhas trabas administrativas, obrigáronnos a prescindir este ano do Castelo, onde a produción é complexa e require doutro tipo de planificación. Tamén do obradoiro para crianzas.



Rematou Jazz de Ría 2019 con moi boas sensacións por parte dun público consolidado e que, ano tras ano, vai medrando, demostrando que o jazz xa ten casa na Ría de Ferrol e Mugardos. Un ano máis, só podemos estar agradecidas.

O ano que ven... máis e mellor!

8 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal