LINA_ RAÜL Refree estarán presentando o seu traballo o 27 de Marzo no Auditorio de Galicia

A cantante portuguesa e o músico e produtor catalán ofrecen unha particular e persoal recreación do repertorio de Amália Rodrigues.


Nunha noite de fados as voces móstranse auténticas: sen amplificación, sen adornos e sen filtros, apenas nervo e talento, alma e paixón. Raül Refree entende ben todas estas cousas e como elas marcan as voces, tendo asinado, por exemplo, a produción de Los Angeles de Rosalía ou Granada de Silvia Pérez Cruz. Por iso mesmo, o músico e produtor non tivo dúbidas cando escoitou a Lina cantar no Clube de Fado de Lisboa. E foi aí, a media luz, que Raül Refree namorou da voz desta nova fadista, estudante atenta da obra de Amália Rodrigues, á que homenaxea neste proxecto desde unha perspectiva tan respectuosa e auténtica como desafiante.


#RaülRefree #Lina #AmáliaRodrigues

0 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal