MÁIS DE 200 PERSOAS BAILAN DESDE AS SÚAS CASAS O "VALXE" DE OS D'ABAIXO

O videoclip foi feito cos case 100 videos que a banda recibiu de xente confinada nas súas casas bailando o seu novo single.

Hai xusto un mes, xa en pleno confinamento, o grupo folk Os d'Abaixo lanzaba o videoclip do seu novo single, "Valxe", adianto do que será o seu vindeiro disco. Como dixo unha vez James Brown, calquera problema do mundo pode resolverse bailando, e é por iso que a banda fixo un chamamento por redes sociais para que todas e todos nos gravásemos bailando este fermoso valse composto polo gaiteiro Víctor Antelo. Coas nosas fillas ou os nosos pais, soas, coa parella, co can, co gato, coa fregona... todo vale, o caso é bailar e esquecer por uns minutos a complexa realidade que nos rodea.

Chegaron case 100 videos de xente que dalgún xeito sinte un vínculo coa banda: fans, familiares, amigos e amigas... e por suposto os propios compoñentes e o equipo de produción. No medio, dúas sanitarias e dous bombeiros que também compartiron o "Valxe" desde os seus postos de traballo. Tamén videos chegados desde outras partes do mundo, como Francia, Estados Unidos ou Chile.

Collamos parella e bailemos!!


Ilustración: Gonzalo Vilas Montaxe do video: Sonia García Música: composición de Víctor Antelo / arranxo de Os d'Abaixo

Gravación de son: Manolo Dourado Videoclip orixinal do "Valxe": https://www.youtube.com/watch?v=iadyqTjeV48



50 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal