• Otero

Marchamos para o Jazz I Am de Barcelona


Entre o 27 e o 29 deste mes, Aitana Cuétara, de Luneda Producións e directora do Festival Jazz de Ría, asistirá como delegada a este encontro internacional que se celebra en Barcelona co obxectivo de impulsar alianzas entre profesionais da música jazz. Poderemos asistir aos concertos de algunhas das propostas máis interesantes do jazz estatal e reunirnos con axentes e directoras doutros festivais de todo o mundo para atopar novas ideas de programación e seguir medrando, aprendendo e aportando.

Podes consultar aquí a lista de delegadas internacionais.

E aquí a programación completa da feira.


10 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal