• Otero

Marco Mezquida, un pianista único. Espectáculos en xira.



Benvido, Marco Mezquida! De cara a esta tempada, pechamos tamén o acordo con Julio Quintas Management para a contratación en Galiza dos distintos espectáculos de Marco Mezquida.


Marco Mezquida é o músico total, creador dun pianismo único que se enriquece na diversidade e non deixa de sorprender. Con só 32 anos, resulta evidente que aínda queda moito por dicir deste pianista menorquín, pero desde a súa irrupción na escena, existe o consenso entre medios, programadores, músicos e público ao sinalar a Marco Mezquida como unha das aparicións máis deslumbrantes no entorno musical europeo en moito tempo.  


Espectáculos en xira:

CHICUELO - MARCO MEZQUIDA

Presentando "No hay dos sin tres". O mellor flamenco jazz da man do grande guitarrista Juan Gómez "Chicuelo" e do percusionista Paco de Mode.


RAVEL'S DREAMS

A persoal reinterpretación de Mezquida sobre a obra de Maurice Ravel, é un dos traballos que maior recoñecemento e proxección lle brindaron. Dous anos despois da publicación do álbum e aínda xirando, o trío traballa no novo material que presentará en 2020. Marco Mezquida (piano), Aleix Tobias (percusión) e Martín Meléndez (cello).


BEETHOVEN COLLAGE

Unha homenaxe ao célebre compositor alemán no 250º aniversario do seu nacemento, unha reinterpretación que pasa pola libre improvisación, os ritmos populares, o jazz ou a música latina dun xeito orgánico e contemporáneo. Marco Mezquida (piano), Masa Kamaguchi (contrabaixo), Pablo Selnik (frauta) e David Xirgu (batería).

  *Estrea do espectáculo en Marzo de 2020. 

MARCO MEZQUIDA | PIANO SOLO

A inclasificable natureza artística de Marco Mezquida revélase nunha viaxe estética que conxuga jazz de vangarda, música contemporánea e técnicas extendidas de piano con música popular.




RAVEL'S DREAMS


0 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal