Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal
  • Otero

MARIA DE MEDEIROS & THE LEGENDARY TIGERMAN presentan 24 MILA BACI

MÉRCORES 13 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO DE GALICIA


24 Mila Baci é o título romántico que designa o novo encontro de The Legendary Tigerman con Maria de Medeiros. Hai 10 anos, cruzáronse en Femina, adoptando o clásico de Nancy Sinatra "These Boots Were Made For Walking". Agora é nunha serie de músicas que marcaron a historia do cinema, unha arte que di tanto a ambos artistas, que o guitarrista-cantante e a actriz-cantante encontran o novo punto de partida para un diálogo íntimo, como unha gran escena dun filme que todos coñecemos mellor que ben, mais da que non conseguimos afastar os ollos. De Nino Rota ata onde a imaxinación os leve.


O concerto pertence ao ciclo CANTACTRICES, un programa incluído no Proxecto WOMARTS, que conta co apoio de Creative Europe da Unión Europea. Está tamén incluído na programación de CINEUROPA.


DATOS DO CONCERTO Maria de Medeiros & The Legendary Tigerman Mércores 13 de Novembro de 2019 ás 20.30h Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) ENTRADAS á venda anticipadas en https://www.compostelacultura.gal/  e na billeteira do Teatro Principal. O mesmo día do concerto, na billeteira do Auditorio desde 1h30 antes.


#MariaDeMedeiros #cantactrices #cineuropa #compostelacultura #LunedaProducions #womarts

18 views