Novo ano, novo single de RUXE RUXE


Ruxe Ruxe están de estrea. "Sae o sol" é o single que hoxe ve a luz, o primeiro de varios que poderemos desfrutar antes da saída do seu novo disco, O estraño falar dun monstro da aldea, o vindeiro 10 de febreiro. Presentarase só uns días despois en Compostela.


O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA son trece anacos de salvaxe bondade e outros tantos de inzada maldade. Son un despropósito de feitos e falares nunha interminable noite de choiva, fume, lóstregos e cores. O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA somos ti máis eu perdidos e esqueléticos, fumando ortigas e catando velenos na beira daquel vello, vizoso e fermoso carreiro. Namoradas, espidas, esgotadas e agardando por nada no efémero fluír dos reloxos rotos, dos felices bicos húmidos e dos veloces soños que nunca se deixan atrapar.


CONCERTO DE PRESENTACIÓN

venres 14 de febreiro

Sala Capitol (Compostela)

Entradas á venda en Eventbrite, Bar Tolo, A Reixa Tenda e O Besbello



23 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal