• Otero

O Domingo 9 de xuño o Coro Encaixe volve á Sala Capitol




Encaixe é unha potaxe musical nada das inquietudes e gustos musicais e artísticos de todos os que compoñen esta formación vocal. Toda esta variedade estilística converxe nunha aposta forte pola música elaborada neste país facendo versións vocais de grupos como Marful, Narf, Dhais ou Berrogüetto, aínda que tamén teñen un amplo repertorio de temas coñecidísimos de todos os estilos e todas as épocas.

Premio Martín Códax da Música 2018 a mellor proxecto de música vocal.

ENTRADAS (8€ anticipada / 10€ na billeteira) á venda no Modus Vivendi, A Reixa, A Moa e Ticketea.

Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal