Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal
  • lunedaproducions

Os d'Abaixo e o festival Jazz de Ría finalistas dos Premios Martín Códax da Música!

Updated: Apr 26, 2019


Onte celebrouse a festa de nomeados dos Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas ao Vivo. En Luneda Producións estamos de parabéns por partida doble, porque Os d'Abaixo son finalistas na categoría de música tradicional e folk e o Jazz de Ría é finalista na categoría de festivais. Á festa, que tivo lugar nas Bodegas Martín Códax (Cambados), acudiron Roberto Rama e Gom Goás representando aOs d'Abaixo e Suso Basterrechea (Concelleiro de Cultura de Ferrol) e Aitana Cuétara (directora) representando ao Jazz de Ría. A gala final onde coñeceremos os gañadores será o vindeiro 8 de Maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.


#PremiosMartinCodaxDaMusica #OsDAbaixo #JazzDeRia #LunedaProducions