O novo de Ruxe Ruxe cocíñase en Andoain (Gipuzkoa)
Ruxe Ruxe están inmersos na gravación do seu novo traballo. O lugar escollido é Garate Studios (Euskadi), co grande Kaki Arkarazo á fronte da nave.

Como contan eles mesmos nas redes: "Traballar con Kaki é unha marabilla e está soando todo de flipar. Imos bastante máis rápido do que pensabamos pero aínda así vainos facer moita falta o tempo pois Kaki quere intentar facer as 13 pezas que traemos sen descartar a priori ningunha. A ver que pasa :) . Polo demais continuamos coa dieta de engorde: comer, gravar, durmir e por ese orden. Mentres, fóra do caserío, non para de chover."

Este novo disco será o primeiro duns Ruxe renovados, con novo son e novas enerxías. Máis punk, máis baile e máis Ruxe ca nunca.
A presentación será en febreiro, nos vindeiros días anunciaremos a data e o lugar.
#RuxeRuxe #GarateStudios #NovoDiscoRuxe #EuscalHerria