• lunedaproducions

The Sey Sisters: soul e gospel para a reivindicación da muller afrodescendente.


Damos a benvida a Luneda Producións a THE SEY SISTERS! Grazas ao acordo con Black Music Productions, traballaremos con elas a contratación para Galiza. Baixo este nome escóndese un espectacular trío de voces negras. The Sey Sisters convídannos a vivir unha sentida viaxe musical dende o soul ate a música africana, pasando polo gospel; cantos impregnados de profunda emoción xurden da loita contra as inxustizas, a defensa dos dereitos humanos e a esperanza no futuro.

Neste 2019 presentaron o seu segundo disco, RISE, que describen como unha reivindicación do colectivo de mulleres afro-descendentes, ao que elas pertencen. RISE xurde da necesidade de expresarse desde o que son: fillas de persoas migradas que, a pesar de ter nacido e medrado aquí, loitan cada día para que a súa cor de pel non determine o seu camiño. RISE é unha chamada á revolución persoal e á aceptación colectiva, unha chamada á visibilidade.



0 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal