• Otero

Traemos as surcoreanas The Tune por primeira vez a Galiza

Será o vindeiro 23 de Xullo dentro das Festas do Apóstolo, en Santiago de Compostela.

The Tune xurdiron da creación de música experimental a partir da reinterpretación da música tradicional surcoreana con percusión e haegeum (cordas) tradicionais, piano, voz e outras percusións. A súa música mana ares de oriente, música tradicional mesturada con jazz, música contemporánea, etc.

Imperdibeis nas festas compostelás, como tamén o noso trío de jazz Puerta Sur, que estarán no Toural o día 29.

0 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal