"VALXE", o novo video single de Os d'Abaixo

A banda referente do folk galego presenta "Valxe", segundo sinxelo adianto do que será o seu novo disco, o terceiro, e segundo de estudio.





VALXE


Un tema feito por un gaiteiro para outro gaiteiro: "Valxe" foi composto por Víctor Antelo para o seu amigo Xesús Rodríguez. De Víctor aprendérono Os d'Abaixo e arranxárono para que formase parte do seu novo repertorio, adianto do que será o seu novo traballo discográfico.


O vídeo foi gravado por Carlos Abal e o son por Manolo Dourado, antes do confinamento. 


10º ANIVERSARIO (2010 - 2020)


Os d'Abaixo celebran neste ano estraño os seus dez de traxectoria. Con varios concertos cancelados ou adiados, Os d'Abaixo siguen traballando desde a casa neste novo repertorio que poderán presentar en canto a situación volva á normalidade.

16 views
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal