Estas son as nosas propostas musicais dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
RUXE RUXE | 25 aniversario
Os de Aríns, referentes do rock galego están de celebración e no seu mellor momento de forma. Continúan, despois do parón, coa presentación de “O estraño falar dun monstro da aldea”, o seu último disco de estudio, nunha xira polo seu 25 aniversario. Co máis potente e coidado directo da súa traxectoria, nova posta en escena e moito aire fresco. En definitiva, 25 anos con moita gana de festexar.
Info: luneda.gal/ruxe-ruxe
Video: youtu.be/-jqGbO8mpok
FAIA
A reinterpretación do cancioneiro tradicional desde unha perspectiva contemporánea e feminista. Presentación do novo espectáculo en Marzo.
Info: luneda.gal/faia
Vídeo: youtu.be/G1I7PU97j08
GAIZCA PROJECT
Ialma, Iñaki Plaza e Manu Sabaté. Proxecto de creación para o encontro das músicas tradicionais e populares galegas, vascas e catalás, desde unha óptica contemporánea, de apertura ao mundo e aos tempos.
Info: luneda.gal/gaizca-project
Vídeo: youtu.be/A6R48tODHMw
OÎMA
Unha das propostas folk máis interesantes do país. O trío presenta o seu primeiro disco, “Ala!”, unha viaxe no tempo e no espazo, unha reivindicación da música instrumental.
Finalistas nos Premios Martín Códax da Música 2020 a mellor proxecto de músicas do mundo.
Info: luneda.gal/oima
Vídeo: youtu.be/qqOelzlvG0E
PUERTA SUR
Sorprendente trío de jazz flamenco apadriñado por Jorge Pardo. Presentación do novo disco “Azabache”.
Info: luneda.gal/puerta-sur
Vídeo: youtu.be/xtfiH1RwC_0
DAVID REGUEIRO
O xenial guitarrista de jazz manouche e swing presenta dous traballos novos: “Areal” e “O Camiño”.
Info: luneda.gal/david-regueiro
Video: youtu.be/kvVjzKbwUmg
ENCAIXE
Outro concepto de coro, versións vocais das mellores músicas galegas actuais… e non só.
Info: luneda.gal/encaixe
Vídeo: youtu.be/5KARyej-5I0