booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

O QUE NON SE ESCRIBE son unhas xornadas de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o
proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.