fbpx

Puerta Sur (Ton Risco, Dani Domínguez e Joan Masana) presentan Azabache, o primeiro disco do trío.

A culpa foi de Jorge Pardo. Este enorme músico, que ten feito de alcahuete entre o jazz e o flamenco, visitábanos acompañado de dous dos músicos deste trío. Nunha pirueta de casualidades, produciuse o encontro no escenario. E xurdiu a maxia. Así que Ton Risco (vibráfono), Dani Domínguez (batería) e Joan Masana (contrabaixo) botaron a andar este proxecto que abraza o jazz de temas orixinais e vísteo de ritmos flamencos nunha formación nada habitual. Agora presentan Azabache, o seu primeiro disco como trío, no que contan coa colaboración especial de Jorge Pardo á frauta. O álbum, gravado nos estudios do Náutico de San Vicente do Mar (O Grove), conta con 7 temas, tres deles autoría de Ton Risco, un de Dani Domínguez, dous de Jorge Pardo e unha orixinal versión de Alfonsina y el mar.

A fotografía é de ,Pixelín Photo e o deseño de ,Iskoö

PRESENTACIÓN OFICIAL:

4/11 SEVILLA, Teatro Central – Jazz en Noviembre (invitado especial Jorge Pardo)

Máis info en ,luneda.gal/puerta-sur

gostaches desta nova?
5/5

partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa