fbpx

quen somos

Luneda Producións é unha axencia galega adicada ao booking, a produción e a programación de eventos musicais. Especializámonos na música tradicional e folk, nas músicas do mundo e no jazz, abríndonos cara outros estilos e cara outras tendencias. Traballamos dun xeito consciente na defensa da lingua e cultura propia dos pobos, na recuperación da memoria e na posta en valor do patrimonio inmaterial, desde unha óptica contemporánea, feminista e sostible.

Desde Santiago de Compostela traballamos para o mundo, facilitando que as nosas artistas poidan actuar noutros territorios e acollendo na casa propostas internacionais de primeiro nivel. Apoiamos os procesos creativos, a experimentación artística e a formación na profesionalización, promovendo espazos de encontro e acompañamento. Pensamos, deseñamos, producimos e comunicamos eventos singulares, programacións a medida para institucións, marcas ou empresas. Escoitamos, aprendemos e xestionamos. Colaboramos?