Ir o contido
  • +34 881 979 963
  • info@luneda.gal
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda
Menu
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda

RUXE RUXE 1996 – 2021 | 25 ANOS DE UNIVERSO GRÁFICO

  • otero otero
  • Martes 3 de Agosto de 2021
  • sen comentarios
  • Catálogo

Ruxe Ruxe levan 25 anos sen baixar dos escenarios, un cuarto de século facendo rock en galego ininterrompidamente. Son a banda máis lonxeva de Compostela, un dos grupos galegos con máis traxectoria e todo un referente para ducias e ducias de músicos que chegaron despois. Dende a estrea do seu recoñecido logo nos inicios do grupo en 1996 ate os últimos deseños do disco “O estraño falar dun monstro da aldea” (2020), Ruxe Ruxe sempre coidou a imaxe gráfica do seu traballo coa complicidade de deseñadores, fotógrafos ou debuxantes que souberon entender á perfección as súas inquedanzas, dotando todo o seu universo dunha riqueza gráfica de grande valor. Moitas destas pezas son obra de artistas composteláns, como o creador do logo Javier Iglesias, Pachu M. Torres, Xulio Cé “Arinspunk”, Miguel Duarte ou Javi Bermejo, pero non só, tamén outros grandes como o mítico Grupo Revisión, Ramón Díaz “Raio” (Caramuxo), Carlos Azagra (El Jueves), Diego Pérez “Diebujitos” ou Laura Romero son parte da historia gráfica dos Ruxe Ruxe.

A arte dos seus case 20 traballos discográficos, cartelería de infinidade de concertos, as súas icónicas camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanía, pegatinas e ata tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos, forman unha colección que convén revisar e reivindicar pola singularidade artística e o valor contracultural de todo este universo xerado arredor dunha banda. Nesta exposición, que se inaugura o mécores 4 de setembro, e que permanecerá na ZONA C de Compostela ata o 30 de setembro atopamos unha pequena mostra desta inmensa colección, a celebración en imaxes do 25 aniversario dos Ruxe Ruxe.

gostaches desta nova?
 5/5

partillar

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

vindeiras datas

non se atoparon
Prevanterior32 BANDAS GALEGAS HOMENAXEAN A RUXE RUXE NO SEU 25 ANIVERSARIO.
seguinteO Jazz de Ría continúa co irmanamento entre as vilas ribeirás. Este ano entre Narón e Neda.Next

visita a súa páxina

Ruxe Ruxe
contratación en exclusiva
rock

Ruxe Ruxe, a banda referente do rock galego.

precisas máis info?
cóntanos
Instagram Facebook-f Youtube Spotify
  • política de privacidade
  • termos e condicións
Menu
  • política de privacidade
  • termos e condicións
  • info@luneda.gal
  • +34 881 979 963
Navedelata_logo_coop_negat_blan