A pé de rúa cos pés chantados na pedra. Sosegados e apracibles percorrendo cancións ocultas que foxen dos apuros e das présas. Sentados á beira do carreiro vendo pasar a vida e falando de todo con quen pase por alí. Entre monstros de aldea e de cidade, entre toxos e silveiras, entre acústicas e pandeiros, entre soños e realidades. O lugar perfecto, o ceo perfecto, a tarde perfecta, o mundo perfecto. Así o imaxinamos.
RUXE RUXE A PÉ DE RÚA.
RUXE RUXE presentan un novo formato de concerto pensado para as pequenas prazas. Sen perder a esencia nin a forza que caracteriza os seus directos, a banda baixa do escenario para ofrecernos un espectáculo máis próximo, cunha montaxe máis sinxela, pensado para espazos máis reducidos onde o público poda disfrutar dun concerto de punk… sentado, por que non?
VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=6nzhdL2Hcjc&feature=youtu.be

#RxRxAPeDeRua #RuxeRuxe #apederua #ruxeapederua #RockDoPais