A banda de Aríns convídanos a entrar na primavera ofrecendo un concerto de presentación do novo traballo en Compostela.
Presentarán en marzo na sala Capitol o esperado novo disco, que promete unha evolución, un cambio significativo no son da banda e moitas sorpresas. O que vén ata entón: un cómic, novos vídeos…
Tras 26 anos, rematan un 2022 cheo de concertos e festivais con tanta sona coma o Resurrection Fest, o Surfing the Lérez ou o Festival de la Luz… e iso é porque, como todos saben xa, a banda de Aríns está facendo o mellor directo da súa dilatada historia.
Podedes coller as entradas xa en Woutick