Ruxe Ruxe comezan este outono anunciando novas datas como parte da celebración do seu 25 aniversario. Aos temas de O estraño Falar dun monstro da aldea, editado en 2020, únense cancións novas, adianto do disco que están cociñando para 2022, amais, por suposto, dos imprescindíbeis éxitos de sempre.
O AgoraSón é un evento que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Coruña dende hai anos para lle ofrecer o mellor da música galega á xente moza e á cidadanía en xeral.
A festa será o 22 de outubro no auditorio do Centro Ágora da Coruña. A entrada e de balde e os convites están dispoñíbeis en reservas.gal.
Súmase así este concerto ao resto que teñen Ruxe Ruxe neste mes de outubro e que os levará por terras de Melide e A Coruña na Galiza, e Sestao e Gasteiz na Euskal Herria.
rock n’ roll!!