Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal

San Salvador

.A polifonía occitana é o punto de partida deste colectivo de seis voces e percusión embarcados na busca do folclore universal, arraigado nas profundas tradicións de trobadores da rexión que circulan entre culturas e xéneros musicais. As súas composicións usan o occitano como instrumento rítmico, combinando poesía con harmonías vocais hipnóticas en cascada sobre patróns cambiantes de percusión convincente. 

 

San Salvador é un concerto radical a seis voces, dous tambores, doce mans e unha pandeireta. Combinando a enerxía e a poesía crúa da música popular coa orquestración académica, o concerto é a sutil alquimia de harmonías vocáis suaves e hipnóticas arrastradas salvaxemente por un ritmo implacábel. O resultado é un momento confuso nunha mestura entre tráxica e leda, unha singular intensidade na encrucillada do transo, dun coro punk e construcións de rock matemático; danzante e cálido; hiperrítmica  e abafadora.

"A música tribal de los correzáns de San Salvador camiña cara

un crescendo longo e despois  estoupa con furia." 

LIBERATION
 

"Seis músicas e cantadoras reviven a atmosfera dunha danza popular

a través do canto polifónico que provén das entrañas."

L’ECHO
 

"Un incríbel sexteto armado coas súas únicas

voces e algo de percusión, anotádeas!" 

CITIZEN JAZZ

 

"A súa misión: desempoar a música tradicional ofrecendo unha polifonía viva e moderna,

cantando en occitano sobre creacións musicais rítmicas e líricas.""
FRANCE INFO