Sofía Espiñeira

Sons de raíz, atmósferas sinxelas que achegan a canción de autora máis íntima e crúa a ritmos que ulen a terra e beben das músicas do mundo. Sofía Espiñeira pon en valor a oralidade, as nosas raíces e a memoria de que un día fomos nómades.