BERTO é a metade de Verto. Así de sinxelo. O dúo galego que revolucionou o panorama musical no 2021, que conta cunha das comunidades de fans máis activas en internet, fai un parón na súa carreira. Ninguén sabe se definitivo ou non.
En decembro dese mesmo ano publica, xa en solitario, o seu primeiro traballo, “Viaxe ao espazo interior” en marzo de 2022 sorprendeunos cun novo E.P “Bailar Chikito”. “Bágoas de cocodrilo” en outubro e, en novembro, “Estrelas verdes”, foron o primeiro e segundo avances do seu novo traballo discográfico: “Sinto”, que xirará acompañado por Lorena “Cachito” na batería, Mariña (Furious Monkey House) e María Soa (Fillas de Cassandra) nos sintetizadores. Unha mestura orgánica entre o pop, o rock, a música electrónica, o trap e o techno. O eclecticismo dentro da música urbana é marca da casa para BERTO, agora aos mandos da produción musical e, na voz, a dúo con Mariña, colaboración estrela neste novo lanzamento discográfico.