FAMILIA CAAMAGNO vén de editar o seu novo traballo discográfico: "O mundo está derrotado". A nivel formal os novos temas manteñen o son inconfundible da banda (inspiración 60’s, guitarra rítmica moi marcada, guitarra de punteo abusando do “Fuzz”, melodías vocais e coros moi traballados) xunto a unha clara tendencia por atopar un son máis contemporáneo e máis pop, sen perder por iso a contundencia ou intencionalidade que os caracteriza.
Para chegar a tal fin, contan co compromiso e o traballo na produción musical e na gravación
do afamado Carlos Hernández responsable do son de innumerables proxectos exitosos a nivel
nacional coma: Los Planetas, Viva Suecia, Triángulo de Amor Bizarro, Carolina Durante, Leiva, Nena Daconte, La Habitación Roja…
A maiores de lanzar un novo traballo, presentarase unha nova liña visual como ven sendo habitual na banda: Un novo vestiario. Un novo deseño gráfico totalmente renovado. Un novo espectáculo de iluminación para o directo.
Familia Caamagno é unha banda de pop e rock’n’roll fundada en 2011 por cinco rapaces de Sigüeiro. En outubro de 2012 autoeditan o seu E.P homónimo “Familia Caamagno” e comezan a tocar por salas de concertos de toda Galicia. Pronto comezan a dar que falar entre o público galego pola orixinalidade da súa proposta e polo seu contundente directo que mestura o rock and roll e o garaxe con letras acedas e unha idiosincrasia xenuína. Os bos presaxios confírmanse ao resultar vencedores no V Concurso Rock da Deputación da Coruña.
No ano 2014 editan o E.P “Hai que andar cos tempos” coa veterana disqueira Compostelá “Lixo Urbano”. Este traballo discográfico gravado nos estudios Circo Perrotti en Xixón ten unha excelente acollida por parte dos medios especializados, coma “El Sótano” de Radio 3 que escolle o tema “Surfistas Nazis” coma a canción do verán do 2014 e o disco coma un dos 100 mellores editados nese ano a nivel internacional.
En 2016 estrean o EP “Para unha vez que saímos” tamén gravado en Circo Perrotti e editado por Lixo Urbano. Este traballo de corte continuísta deixaba entrever un movemento da banda cara unhas melodías máis pop e unhas letras menos hedonistas e máis traballadas. Ese mesmo ano son escollidos coma representantes de Galicia no Festival SUNS EUROPE celebrado en Udine (Italia) en novembro de 2016.
En 2018 son escollidos coma conxunto finalista no Festival de Liett en Holanda.
En 2019 presentan o seu primeiro LP de longa duración “ Había que intentalo”. Ó igual que os dous traballos anteriores Gravado nos Estudios Circo Perrotti de Xixón por Jorge Explosión, máis desta volta editado por Folc Records, disqueira especializada a nivel internacional no rock and roll e no garaxe. Este último traballo explora as liñas entre o garaxe e o pop. Dialogando cos seus discos anteriores, continuístas no rock & roll de inspiración 60’s pero cun afán renovador. Este primeiro traballo de longa duración conleva varios recoñecementos: Terceiro mellor disco de Galicia no 2019 segundo a Mondo Sonoro, Mellor directo do ano 2020 segundo o programa “ondas Indies” da Radio Galega e Finalista a “Mejor Álbum en gallego” nos Premios Min de la Música Independiente en 2020.
En Febreiro de 2022 publican “Xuntos” o primeiro sinxelo de adianto do seu novo e esperado LP, gravado e producido por Carlos Hernández (Los Planetas, Carolina Durante, Airbag, Los Enemigos etc.) nos estudios El Castillo Alemán de Madrid.