A banda referente do folk galego presenta “Valxe”, segundo sinxelo adianto do que será o seu novo disco, o terceiro, e segundo de estudio.
https://www.youtube.com/watch?v=iadyqTjeV48
VALXE
Un tema feito por un gaiteiro para outro gaiteiro: “Valxe” foi composto por Víctor Antelo para o seu amigo Xesús Rodríguez. De Víctor aprendérono Os d’Abaixo e arranxárono para que formase parte do seu novo repertorio, adianto do que será o seu novo traballo discográfico.
O vídeo foi gravado por Carlos Abal e o son por Manolo Dourado, antes do confinamento.
10º ANIVERSARIO (2010 – 2020)
Os d’Abaixo celebran neste ano estraño os seus dez de traxectoria. Con varios concertos cancelados ou adiados, Os d’Abaixo siguen traballando desde a casa neste novo repertorio que poderán presentar en canto a situación volva á normalidade.