Esta mañá presentouse no Concello de Santiago o programa da 2ª edición do festival “O QUE NON SE ESCRIBE. ARQUIVOS SONOROS E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA”, que propón entre o xoves e o domingo da próxima semana distintas actividades de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro. Na presentación participaron Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Sindo Guinarte, concelleiro de Turismo; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Aitana Cuétara, responsable de Luneda Producións e directora do festival.
O festival volve poñer o foco no proceso, desde o máis antigo ao máis contemporáneo, e presenta un programa pensado como unha posta en común dalgúns dos temas que ocupan e preocupan ás artistas, estudosas e institucións que traballan cos arquivos tradicionais. Ao tempo, propóñense catro espectáculos ao vivo que son unha mostra dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica propia e ao mesmo tempo global.
Podedes consultar todo o programa aquí