Agardámosvos en Compostela do 12 ao 14 de maio con concertos, encontros, escoitas e obradoiros. Atentas á programación, moi pronto!
Hai xa case un ano, en marzo do 2021, tivo lugar a primeira edición de #OQNSE. Aos concertos e ao paseo sonoro sumáronse varios encontros apoiados por Política Lingüística nos que aprendimos e reflexionamos sobre a creación a partir dos arquivos da música de tradición oral. Recuperamos hoxe un deles, retrasmitido tamén en streaming, no que FAIA, TANXUGUEIRAS e Xosé Miguélez conversan con Xacobe Martínez Antelo sobre os seus procesos creativos e de investigación. Este ano repetiremos o formato de encontro entre artistas con outras catro propostas que levan a música tradicional un pouco máis aló.