booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción
volver

Dios Ke Te Crew

hip hop

A banda máis emblemática do hip hop galego estrea a finais do 2023 o disco-fanzine “Tremendos Anos 20”, unha coidada obra multidisciplinar na que participan máis de 40 recoñecidos artistas gráficos e musicais.

DKTC 5_foto de IAGO VILARINHO

XIRA 2024

Logo de presentar o traballo “En que ano estamos!?”, no que destacan hits xa convertidos en himnos como ‘OG’, ‘A Molar’ ou ‘Haters’, a banda máis emblemática do hip hop galego estrea a finais do 2023 o disco-fanzine “Tremendos Anos 20”, unha coidada obra multidisciplinar na que participan máis de 40 recoñecidos artistas gráficos e musicais. Colgan o cartel de ‘sold out’ da Sala Capitol un mes antes da celebración dos seus “Tremendos Anos 20” (Santiago, 02/12/2023), demostrando que agora mesmo están no seu mellor momento, palabras maiores ao tratarse dunha formación que leva 20 anos colleitando temazos e rebentando os escenarios de todo o país. Porque os directos son, sen ningunha dúbida, o punto forte da banda de Ordes.

Na nova xira 2024 Dios Ke Te Crew realiza unha potente posta en escena audiovisual, na que as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións da banda, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que os caracterizan. Un espectáculo electrizante no que a crew galega presenta novas creacións, sen esquecerse de repasar os éxitos máis destacados da súa prolífica traxectoria.

DIOS KE TE CREW | 20 ANIVERSARIO | FESTIGAL 2023
Dios Ke Te Crew | OG | feat. Boyanka Kostova
Dios Ke Te Crew | Haters

VINDEIRAS DATAS

Dios Ke Te Crew · Rock in Rian (Rianxo)
6 de Setembro de 2024