Ruxe Ruxe ofrecerá un concerto vía streaming, emitido en directo desde A Ponte dos Concertos para o que se venderán entradas solidarias en fila 0. O concerto será o vindeiro día 2 de Decembro ás 21h e os tiquets xa están dispoñíbeis nesta ligazón.
O II Concerto solidario online pola esclerose múltiple está organizado pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) e patrocinado por Bristol Myers Squibb. O obxectivo é contribuir á visibilización da enfermidade e recadar fondos para esta asociación.